INFORMACIÓN PARA OS VETERINARIOS COLEXIADOS EN EXERCICIO LIBRE DA PROFESIÓN EN RELACIÓN COA DECLARACIÓN DE GALICIA COMO ZONA RESTRINXIDA DE LINGUA AZUL POR REALIZACIÓN DA VACINACIÓN FRONTE Á ENFERMIDADE
Información aos Colexios de Veterinarios
Circular informativa Lingua Azul nº 1
Continuando coa práctica de manter permanentemente informados aos distintos sectores sobre as novidades que se vaian producindo en canto á xestión da enfermidade da Lingua Azul, xunto con esta comunicación envíaselle a "Circular Lingua Azul 002 de 17/09/2008".
Na nova circular indícanse as condicións que deben respectarse para a realización de movementos de animais das especies sensíbeis á enfermidade con orixe nas comarcas galegas incluídas na zona de restrición declarada polo MARM por afección do radio de 150km ao redor da comarca asturiana de Grado.
Tal e como se lle informara na comunicación remitida con data de 03/09/2008, polo xefe de Servizo de Sanidade Animal, á que se lle acompañaba a "Circular Lingua Azul 002 de 02/09/2008" as indicacións contidas naquela circular ao respecto das condicións que se debían cumprir para a realización de movementos de saída de animais cara a determinadas comarcas de Asturias, Castela e León, e Aragón, poderían variar. Pois ben finalmente o MARM ven de comunicar certas modificacións que afectan ás condicións para o movemento con respecto a eses destinos, sendo estas modificacións as que motivan a emisión da nova circular informativa 002 de 17/09/2008, que anula a do 02/09/2008.
As novas condicións resultan máis favorables para a saída de animais dende as comarcas galegas incluídas na zona restrinxida, xa que dende agora mesmo é posible enviar animais sen necesidade da realización de probas analíticas con destino aos seguintes territorios de España: Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra, A Rioxa, provincia de Zaragoza, provincia de Huesca, provincia de León, provincia de Palencia, e provincia de Burgos.
Agardo que esta información sexa do seu interese e que lle dean á máxima difusión entre os titulares de explotacións e operadores.
Circular informativa Lingua Azul nº 2
Resolución movemento lingua azul
“Detección de circulación do serotipo 1 do virus da lingua azul en Galicia – Información veterinarios”.
Circular informativa Lingua Azul nº 3
Resolución do 24 de setembro de 2008, da Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, pola que se ditan medidas en materia de protección sanitaria e de movemento pecuario como consecuencia da detección de casos de LINGUA AZUL na Comunidade Autónoma de Galicia.
Consellería do Medio Rural
|